Meissonnier, Justin Aurèle

Meissonnier, Justin Aurèle

Pintor, escultor, ourive e decorador italiano. En 1726 foi designado ourive e decorador oficial do Rei Luís XV de Francia. Foi un dos mestres da decoración rocalla e caracterizouse por un forte gusto polo exuberante e imaxinativo. Escribiu varios tratados sobre decoración, como Livre d’ornemens inventez et dessinez par Meissonnier (1734).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Turín

  • Deceso

    Lugar : París