Meitner, Lise

Meitner, Lise

Física. Estudou nas universidades de Viena, onde se doutorou en 1906, e Berlín. Traballou no Instituto Kaiser Wilhelm, onde colaborou con Otto Hahn, e interveu no descubrimento do protoactinio e na produción de elementos transuránicos. Fixo, xuntamente co seu sobriño Otto R. Frisch, estudos básicos sobre a estrutura do núcleo atómico e a fisión do átomo de uranio.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Viena

  • Deceso

    Lugar : Cambridge