mekhitharista

mekhitharista
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos mekhitharistas.

  2. s [RELIX]

    Membro dunha formación relixiosa armenia fundada en Constantinopla en 1701 polo vardapet Pedro Manuk, cunha regra inspirada, en parte, na de san Bieito, polo que estiveron considerados ás veces como unha congregación bieita. En 1703, os monxes establecéronse en Peloponeso, mais en 1715 tiveron que fuxir e establecéronse na illa de San Lazzaro, en Venecia. En 1773 xurdiu outra rama, que se estableceu en Viena.

Palabras veciñas

Mejorada del Campo | Mekas, Jonas | Mekhithar | mekhitharista | mekhosot* | Meknès | Meknès