Meknès

Meknès
Nome científico: [antigo: Mequines]

Capital da provincia de Meknès, situada no Marrocos central, ao N do Atlas central (443.214 h [estim 1994]). É un centro agrícola con cultivos de viña e olivas. Fundada no s X polos zenāta, no s XVII converteuse na capital da provincia de Meknès, rodeada de murallas. Son notables o pazo (1634), que serve de panteón real, e a gran mesquita. A cidade histórica foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1996).