Mel de Galicia
Mel de Galicia
Indicación xeográfica protexida, segundo a Orde do 19 de febreiro de 2003 da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes e modificado o seu regulamento pola Orde do 10 de febreiro de 2004. Conta con 460 produtores de mel e 61 plantas envasadoras. O seu consello regulador controla, ampara e certifica o produto que leva a etiqueta identificativa de Mel de Galicia, desde a produción ata a súa presentación no punto de venda. Aínda que é unha denominación única, está formada por diferentes tipos: mel de milflores, de eucalipto, de castiñeiro, de queiroga e de silva, que terán que ser producidos, elaborados e envasados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.