mel
(< lat melle)
-
s
m
[ALIM]
Produto natural moi doce, fluído, pastoso ou cristalizado, transparente se se acaba de obter, elaborado polas abellas a partir do néctar das flores e doutras exsudacións azucradas das plantas, sen ningunha adición. A transformación, no esófago destes insectos, consiste fundamentalmente nunha concentración e nunha hidrólise enzimática da sacarosa. Xa formado, abrolla e é depositado nas cavidades da entena. Quimicamente consta de azucre invertido (levulosa e glicosa) e auga (como máximo un 21%). Inclúe tamén pequenas cantidades de sacarosa (do 0 ao 4%), maltosa, malecitosa, dextrinas, gomas, colorantes, enzimas, ácidos orgánicos (ácido fórmico), minerais e aminoácidos, e indicios de fungos, algas, lévedo, pole e partículas sólidas. Aínda que se pode consumir coa entena (mel en entena), xeralmente sométese a un proceso de centrifugación, para extraer o mel e envasalo. O seu valor como alimento é enerxético (unhas 300 cal/100 g). Emprégase en gastronomía como edulcorante natural de moitas preparacións reposteiras.
-
mel de raposo
[PLANTA]
apóutega.
-
lúa de mel
lúa de mel.
Frases feitas
-
Estar como o mel na ola. Estar o ceo con moitas nubes ou haber néboa moi mesta.
-
Encima de mel filloas/Sobre o mel filloas. Expresión que indica que os fracasos ou desgrazas se suceden un detrás doutro.
-
Mel das filloas. Expresión que se utiliza cando se mellora algo que xa era bo.
-
Non ser mel nin fel. Non ser unha cousa nin outra.
-
Ser doce coma o mel. Ser algo ou alguén agradable ou ter dozura.
Refráns
- A todos lles gusta o mel e a min tamén.
- Máis vale pan con mel que pan sen el.
- Non é o mel para a boca do burro.
- Quen anda co mel chupa os dedos.
- Quen anda co mel sempre se lle apega algo del.
- Quen todo é mel, cómeno as abellas.