melanesio -sia

melanesio -sia

(< topónimo Melanesia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Melanesia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s

    Natural ou habitante de Melanesia.

  3. s m [LING]

    Grupo de linguas da familia malaio-polinesia que comprende diversas linguas; as máis importantes son o andieu, o nengone, o iai, o lonwolwol, o mota e o vatouranga, que se falan en Melanesia, Micronesia e a costa oriental de Nova Guinea. Ningunha destas linguas ten textos escritos, pero existen transcricións que fixeron os misioneiros. Cada unha das linguas ten un sistema fonolóxico diferente das outras: a maioría das palabras son bisílabas, e as monosílabas adoitan ser verbos, empregados como raíces de termos de acción ou de estado.

  4. adx e s

    melanésido.

Palabras veciñas

Melanella | Melanesia | melanésido -da | melanesio -sia | mélange* | melanhidrose | melánico -ca