melanesio -sia
melanesio -sia
(< topónimo Melanesia)
-
adx
Relativo ou pertencente a Melanesia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante de Melanesia.
-
s
m
[LING]
Grupo de linguas da familia malaio-polinesia que comprende diversas linguas; as máis importantes son o andieu, o nengone, o iai, o lonwolwol, o mota e o vatouranga, que se falan en Melanesia, Micronesia e a costa oriental de Nova Guinea. Ningunha destas linguas ten textos escritos, pero existen transcricións que fixeron os misioneiros. Cada unha das linguas ten un sistema fonolóxico diferente das outras: a maioría das palabras son bisílabas, e as monosílabas adoitan ser verbos, empregados como raíces de termos de acción ou de estado.
-
adx e s
melanésido.