mélange*

mélange*
s f [XEOL]

Corpo de rocha cartografable composto por fragmentos de rochas de todas as medidas, autóctonas e exóticas, rodeadas dunha matriz de gran fino, normalmente pelítica. Cando ten orixe sedimentaria denomínase olistostroma. Crese que as de orixe tectónica se forman en zonas de subdución, a causa da fragmentación e da mestura dos diferentes tipos de rochas que interveñen neste proceso.