Melanesia
Melanesia
Zona en que se divide Oceanía (525.000 km2), situada no O do Océano Pacífico, ao S do Ecuador e de Micronesia e ao O de Polinesia, que comprende as illas Bismarck, Salomón, Vanuatu, Nova Caledonia, Louisiade, Loyauté, Entrecasteaux e Fixi. Algúns autores incorporan, dentro de Melanesia, a illa de Nova Guinea. Todas as illas teñen clima tropical, caloroso e húmido e protéxenas escollos e atois coralinos. Están poboadas por grupos melanesios.