melanina

melanina

(< melan- + -ina)

s f [BIOQ]

Pigmento escuro responsable da cor da pel, do pelo e do iris dos ollos dos mamíferos, doutros grupos de animais e de certos vexetais e microorganismos. A síntese ten lugar nas células denominadas melanocitos. Prodúcese por polimerización da indolecinase. O albinismo e a presenza de ollos azuis é consecuencia da ausencia de melanina. A incidencia da radiación UVA, provoca un aumento na concentración deste pigmento, como defensa fronte á radiación solar.

Palabras veciñas

mélange* | melanhidrose | melánico -ca | melanina | melanismo | Melanitta | melano-