Melgar, Xoán de

Melgar, Xoán de

Relixioso. Prior (1490) e abade (1495-1498) do mosteiro de San Martiño Pinario, levou a cabo a súa integración na Congregación de Valladolid, pedida polos Reis Católicos, que incluía os outros dous conventos bieitos da cidade: San Paio de Antealtares e San Pedro de Afora. O 4 de setembro de 1495 firmou co notario Lope Gómez de Marzoa, a cesión de horta, currais e oficinas de San Paio de Antealtares para a fundación dun Estudio, base da Universidade de Santiago de Compostela.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : XVI