meliloto
meliloto
(< lat melilōtos
s
m
[PLANTA]
Planta herbácea anual ou bianual, moi ramificada, de ata 1,5 m de altura. Presenta follas alternas, trifoliadas, de folíolos dentados. Flores pequenas dispostas en acios axilares, longos e estreitos, de corola papilionácea, de cor amarela ou branca. Froitos en legume globoso, liso e con costelas transversais. Orixinaria de Europa, aparece en terreos baldíos e nas beiras dos camiños. Tamén se cultiva como forraxeira e para uso farmacéutico polo interese medicinal da cumarina.