Mellivora
Mellivora
[ANIMAL]
Xénero de mamíferos carnívoros, da familia dos mustélidos, que presentan un corpo alongado e robusto, patas curtas, orellas moi pequenas e cola moi reducida. A especie máis coñecida é M. capensis, de distribución africana, de entre 60 e 70 cm de lonxitude aproximadamente, e cunha dieta moi variada. O seu único inimigo é o home.