Mellon

Mellon

Familia estadounidense de orixe irlandesa que constituíu un dos grupos financeiros máis influíntes de EE UU. Os membros máis importantes foron Thomas Mellon (1813-1908), que fundou a banca privada Thomas Mellon and Sons Bank; os seus fillos Andrew William Mellon (1855-1937), secretario da Tesouraría (1921-1932), e Richard Beatty Mellon (1858-1933).