Melo, Sebastião José de Carvalho e

Melo, Sebastião José de Carvalho e

Político, conde de Oeiras (1759) e marqués de Pombal (1769). Ao acceder ao trono Xosé I de Portugal (1750) foi secretario de Guerra e de Estado e a partir das medidas que adoptou para paliar as consecuencias do gran terremoto de Lisboa de 1755, obtivo a total confianza do rei e gobernou cun poder omnímodo. Fomentou a agricultura e a industria e impulsou o comercio coa creación de diversas compañías mercantís. Reformou a Universidade de Coimbra, impulsou o ensino e reorganizou o exército e a administración. A arbitrariedade dos seus métodos tamén lle crearon moitos inimigos e á morte de Xosé I (1777), foi exiliado da corte e retirouse a Pombal.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lisboa

  • Deceso

    Lugar : Pombal, Beira