Me los [Mílos]
Me los [Mílos]
Illa grega do Mar Exeo, situada no arquipélago das Cícladas (148 km2; 4.554 h [1981]). Está constituída por unha masa de rochas volcánicas sobre un zócolo cristalino. Na Antigüidade foi ocupada polos dorios de Esparta (s XIII a C) e formou parte da Liga Délica (425-424 a C). Ao final da Guerra do Peloponeso o almirante espartano Lisandro liberouna da súa dependencia ateniense. Foi posesión macedónica en época helenística e pasou aos romanos. Atesourou, oculta durante séculos, a escultura de Afrodita de MÏlos.