membrana
(< lat membrāna)
-
[BIOL/ANAT]
-
s
f
Estrutura anatómica formada por unha lámina primaria, branda e flexible, que ten unha función fundamentalmente protectora ou de unión.
-
membrana abdominal
peritoneo.
-
membrana adventicia
Capa externa das arterias.
-
membrana anal
Membrana que pecha o extremo anal do intestino embrionario.
-
membrana bacteriana
Membrana que recobre o citoplasma bacteriano.
-
membrana basal/hialina
Capa delgada e transparente, rica en glicoproteínas, que está situado baixo o epitelio das membranas mucosas e das súas glándulas.
-
membrana basilar
Porción membranosa do tabique dos condutos do oído interno.
-
membrana caduca
decidua.
-
membrana celular/citoplasmática/plasmática
Membrana que rodea a célula, delimitando o seu contorno e controlando o seu contido. A membrana plasmática está en contacto co citoplasma (medio interno), e por outro lado, co medio extracelular (medio externo). Os seus compoñentes principais son os lípidos (fosfolípidos, colesterol e glicolípidos), que son os maioritarios, as proteínas (integrais e periféricas) e os glícidos. A membrana plasmática é unha estrutura semipermeable, asimétrica e dinámica, onde os seus compoñentes teñen posibilidades de movemento proporcionándolle unha certa fluidez. As súas funcións fundamentais son regular o paso de substancias cara ao interior da célula e viceversa, permitindo o paso de nutrientes cara ao interior e a saída de refugallos ao exterior, e illar e protexer a célula e permitir a agregación e a cohesión de células veciñas formando tecidos e órganos. A primeira mención da existencia dunha membrana celular atribúese xeralmente a Theodor Schwann (1839), nas décadas seguintes propóñense diferentes modelos ata que en 1972 Singer e Nicholson propoñen o modelo do mosaico fluído, que considera que a membrana é unha solución bidimensional de lípidos en que se atopan somerxidas as proteínas que se moven no plano da membrana.
-
membrana celulósica/vexetal
Envoltura externa, máis ou menos ríxida e grosa, propia das células vexetais típicas que está presente en case todas as plantas. Os compoñentes maioritarios son a celulosa, as substancias pécticas e outros polisacáridos menos abundantes. A súa formación comeza cando sobre a lámina mediana se produce, por aposición de material, unha membrana primaria moi delgada, e a partir desta vanse depositando novas capas, fundamentalmente celulósicas, que constitúen a membrana secundaria. O proceso ten unha continuación variable, segundo o tipo de tecido de que se trate, e xa formada, a membrana celulósica pode experimentar diversos procesos de modificación secundarios, como a cutinización, a xelificación, a lignificación e a mineralización, moitos dos que conducen á morte da célula.
-
membrana cerebral
meninxe.
-
membrana coriocapilar
Capa interna vascular da coroide.
-
membrana de Bowman
Segunda membrana da córnea, transparente e desprovista de estrutura, que está situada baixo o epitelio corneal.
-
membrana de Descemet
Membrana da córnea que se sitúa entre o endotelio e o estroma corneal.
-
membrana de Reissner
Lámina firme de tecido conxuntivo que forma a parede interior do conduto coclear e separa este conduto do segmento vestibular do caracol.
-
membrana de Scarpa
Lámina que pecha a fiestra redonda da parede interna do tímpano.
-
membrana fetal
amnio.
-
membrana hialoide
Membrana que envolve o corpo vítreo do ollo.
-
membrana himeal
hime.
-
membrana interdixital
Lámina flexible e ao mesmo tempo consistente que une os dedos dos vertebrados acuáticos, como paxaros, anfibios, tartarugas e mamíferos.
-
membrana mucosa
mucosa.
-
membrana nictitante
Lámina transparente que, situada baixo as pálpebras, protexe contra a desecación os glóbulos oculares de réptiles e paxaros, aínda que tamén está presente nos mamíferos como forma residual.
-
membrana nuclear
Membrana que limita o núcleo da célula.
-
membrana ondulante
Membrana plasmática que serve para unir os flaxelos de determinados protozoos á membrana celular, como no caso do tripanosoma.
-
membrana pelúcida
Membrana vitelina que rodea os ovos dos mamíferos.
-
membrana pióxena
Membrana moi delgada que recobre os abscesos.
-
membrana pituitaria
Capa mucosa do nariz que recobre o interior das fosas nasais.
-
membrana serosa
Membrana que recobre as vísceras e o interior das cavidades pechadas do organismo.
-
membrana sinovial
Membrana fibroserosa que segrega sinovia e que tapiza as cavidades articulares, as mucosas e as vaíñas dos tendóns.
-
membrana timpánica
Membrana fina, fibrosa e transparente que separa o oído medio do externo.
Sinónimos: mirinxe, tímpano. -
membrana vacuolar
Membrana que limita os vacúolos.
-
membrana vitelina
Membrana rica en vitelo que se localiza na parte interna do ovo, e separa o óvulo do resto de compoñentes que o forman.
-
s
f
-
-
s
f
Lámina moi fina.
-
s
f
[FÍS/TECNOL]
Lámina fina que pode vibrar ao ser sometida á acción de ondas sonoras ou a forzas capaces de producir desprazamentos lonxitudinais. Forma parte de moitos aparatos acústicos (bucina), e constitúe o fundamento de moitos transdutores electroacústicos (altofalante, auricular, micrófono).
-
s
f
[TECNOL]
Lámina fina e flexible, especialmente de metal, que se emprega sobre todo en aparatos hidráulicos, como as bombas membrana, e nalgúns instrumentos de medida, en que forma dous compartimentos e compara a súa presión.
-
membrana permeable
[QUÍM]
Membrana que, no seo dunha disolución, pode ser atravesada tanto polas moléculas de disolvente como polas de soluto.
-
membrana semipermeable
[QUÍM]
Membrana que, no seo dunha disolución, pode ser atravesada polas moléculas de disolvente, pero non polas de soluto.
-
s
f
-
s
f
[ARQUIT]
Cada unha das estruturas curvas moi finas construídas con materiais resistentes á tracción e á compresión, que traballan con esforzos normais, repartidas con regularidade. En 1922 os enxeñeiros alemáns Walter Banesfeld e Franz Dischinger fixeron os primeiros experimentos en Jena, e en 1927 formularon a teoría. Os arquitectos e enxeñeiros que destacaron na creación deste tipo de construción foron Bernard Lafaille, Eugène Freyssinet, Eduardo Torroja, Félix Candela, Pier Luigi Nervi e Frei Otto.
-
membrana peritrófica
[ENTOM]
Membrana producida pola segregación que se forma no intestino medio dos insectos e que envolve a cunca alimentaria.