Menandro

Menandro

Comediógrafo. Foi discípulo do poeta Alexis e do filósofo Teofrasto. A súa obra, incluída na denominada comedia nova, está claramente vinculada á crise posdemocrática da polis. A súa temática xira ao redor do amor e do romanticismo, acompañada sempre dun ineludible final feliz. Escribiu máis de cen comedias, aínda que só se conserva enteira unha, O misántropo ou O díscolo, preservada nun papiro exipcio e que foi publicada en 1958; o resto, como A arbitraxe, A muller de Samos ou O home de Sición, coñécese a través dos títulos ou de fragmentos citados por outros autores.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Atenas