Menchú Tum, Rigoberta
Menchú Tum, Rigoberta
Activista guatemalteca. De orixe maia, tras o asasinato dos seus pais e dun irmán polos paramilitares, loitou polos dereitos dos indíxenas e denunciou o réxime de opresión e discriminación que sofren por parte das autoridades e da minoría dirixente. Desde 1981 viviu en México, exiliada polo goberno guatemalteco. En decembro de 1996 interveu como mediadora no acordo de paz asinado entre o goberno e os diversos grupos guerrilleiros de Guatemala. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1992).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Chimel