Mendelssohn-Bartholdy, Felix

Mendelssohn-Bartholdy, Felix

Compositor alemán. Foi discípulo do pianista L. Berger e do compositor K. F. Zelter, e estudou estética con Hegel en Berlín. En 1829 dirixiu Wir setzen uns nit Tränen nieder (A Paixón segundo San Mateo), de J. S. Bach, por quen amosou interese desde entón. En 1843 fundou o Conservatorio de Leipzig. Das súas obras destacan Trío con piano (1820), Variations sérieuses (1841), cuartetos de corda (1827, 1838, 1847), quinteto de corda (1845), un sexteto con piano (1824), Ein Sommernachtstraum (O soño dunha noite de verán, 1843), os oratorios Paulus (1836) e Elias (1846), trece sinfonías para orquestra de corda (1821-1825) e cinco para grande orquestra (1824-1842), dous concertos para piano (1831, 1837), un para violín e orquestra (1844), outro para violín e corda e 48 Lieder ohne Worte (Cancións sen palabras, 1830-1845) para piano.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Hamburgo

  • Deceso

    Lugar : Leipzig