Méndez Esporín, Xacinto
Sindicalista. Coñecido como Vigatá, foi, xunto con Francisco Llerena, un dos fundadores do sindicato ferroviario integrado na CNT coruñesa e un frecuente colaborador de Solidaridad Obrera durante a Segunda República. Exerceu, asemade, a presidencia do Centro de Estudios Sociales Germinal (1933-1935). Logo da folga xeral de Nadal de 1933, substituíu a José Moreno Torres na secretaría da Confederación Regional Galaica. Tras a derrota da Revolución de Asturias en outubro de 1934, Xacinto Méndez viuse obrigado a facer o propio ata ben entrado 1935. Producido o golpe militar, representou a FAI na conformación do comité de defensa da República na capital coruñesa. Encadeado na Prisión Provincial nos primeiros días de dominio fascista, foi asasinado sen agardar a formación de causa.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Pastoriza, Arteixo