Méndez Vidal, Ezequiel

Méndez Vidal, Ezequiel

Editor, crítico e produtor cinematográfico. Licenciado en Filosofía e Letras, foi distribuidor de diversas editoriais en Galicia (1967-1973), entre outras, Alianza, Siglo XXI, Fondo Cultura Económica, Ariel, Cuadernos para el Diálogo, Labor, Castalia e Seix Barral. Foi   director do Fondo de Cultura Económica (1974-1982), director de mercadotecnia de Alianza Editorial (1983-1989) e do xornal El País (1989-1990). Pertenceu ao equipo fundador do Instituto Cervantes, onde dirixiu a área de Cultura e Relacións Externas (1991-1993), e dirixiu a editorial Electa (1994-2002). No campo cinematográfico, colaborou como articulista nos diarios La   Noche e El Correo Gallego (1960-1967) e fundou e dirixiu o Cine-Club Universitario (1961-1964) e o Cine-Club da Agrupación Fotográfica Compostelana (1965-1967). Xunto con Gonzalo Anaya e Enrique Banet fundou e codirixu o Equipo 64 (1964-1966) que produciu os documentais El Camino de Santiago, Malpica, El Pórtico de la Gloria e Compostela inédita. Entre 1989 e 1994 foi actor de dobraxe en filmes, vídeos e publicidades. Como actor teatral pertenceu a diversos grupos como Cantigas e Agarimos (1961-1962), co que participou na estrea en Galicia de Os vellos non deben de namorarse, e DITEA (1961-1967), co que protagonizou Lutero, de J. Osborne.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela