mendicante

mendicante

(< lat mendīcante)

  1. adx e s

    Que ou quen exerce a mendicidade.

    Ex: Pertencía a un grupo de xente mendicante. Deulle cartos ao mendicante que sempre estaba naquela rúa.

    Confrontacións: mendigo.
  2. [RELIX]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ás ordes relixiosas mendicantes ou aos seus membros.

    2. s

      Membro dunha das ordes relixiosas xurdidas no s XIII como reacción á excesiva riqueza dos mosteiros cluniacenses e cistercienses. A súa regra impoñía a pobreza, non só dos individuos, senón tamén dos conventos polo que sobrevivían da caridade dos fieis. Distinguíronse das ordes monásticas e os máis coñecidos foron os dominicanos e os franciscanos.