mendicidade
mendicidade
(< lat mendicĭtāte)
-
s
f
Actividade ou situación de quen mendiga.
Ex: Vivía nunha situación de mendicidade e apenas tiña para comer.
-
s
f
Acción de mendigar.
Ex: Conseguiu o pouco que ten da mendicidade.
-
s
f
Conxunto dos mendigos considerados colectivamente como un fenómeno da sociedade.
Ex: Había moita mendicidade naquel barrio.