Menger, Karl
Menger, Karl
Economista polaco. Fundador da escola austríaca e un dos creadores da moderna teoría da utilidade marxinal, analizou a relación entre utilidade e prezo, diferenciando o valor, como un fenómeno exclusivamente psicolóxico, do prezo, que definiu como unha manifestación obxectiva daquel fenómeno no mercado. Escribiu Grundsätze der Volkswirtschaftslehre (Principios de economía política, 1871) e Untersuchungen über die Methode der Sozialwissenschaft (Investigacións sobre o método da ciencia social, 1883).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Neu Sandec, Galitsia -
Deceso
Lugar : Viena