menisco

menisco

(< gr μηνίσκος ‘media lúa’)

  1. s m [FÍS]

    Lente que posúe unha superficie cóncava e outra convexa.

  2. s m [ANAT]

    Nome de diversos fibrocartílagos interarticulares dunha forma máis ou menos semilunar, como o do xeonllo ou o da articulación esternoclavicular.

  3. s m [FÍS/TECNOL]

    Superficie dunha columna líquida dentro dun tubo estreito, cóncava ou convexa, segundo o líquido molle ou non as partes do tubo.