meninxite

meninxite

(< meninxe + -ite)

  1. s f [PAT]

    Inflamación das meninxes, especialmente da piamáter e da aracnoide, caso en que é denominada leptomeninxite.

  2. meninxite aséptica [PAT]

    Meninxite que se caracteriza polo feito de presentar un líquido cefalorraquídeo claro, con pleocitose de predominio linfático, aumento de proteínas, glicosa normal e cultivo de bacterias negativo. Case sempre é de etioloxía vírica.

  3. meninxite carcinomatosa [PAT]

    Meninxite provocada pola invasión das meninxes por células tumorais malignas provenientes de calquera outra estrutura do organismo.

  4. meninxite purulenta [PAT]

    Meninxite que evoluciona con líquido cefalorraquídeo purulento, cunha intensa pleocitose de predominio polinuclear. Os xermes máis frecuentes son os meningococos, os pneumococos e Hemophilus influenzae. A máis importante é a meninxite cerebroespiñal epidémica, producida polos meningococos.

  5. meninxite tuberculosa [PAT]

    Meninxite que se produce polo bacilo de Koch.

Palabras veciñas

meninxioma | meninxiomatose | meninxismo | meninxite | meninxítico -ca | Menipo | menisco