meninxite
(< meninxe + -ite)
-
s
f
[PAT]
Inflamación das meninxes, especialmente da piamáter e da aracnoide, caso en que é denominada leptomeninxite.
-
meninxite aséptica
[PAT]
Meninxite que se caracteriza polo feito de presentar un líquido cefalorraquídeo claro, con pleocitose de predominio linfático, aumento de proteínas, glicosa normal e cultivo de bacterias negativo. Case sempre é de etioloxía vírica.
-
meninxite carcinomatosa
[PAT]
Meninxite provocada pola invasión das meninxes por células tumorais malignas provenientes de calquera outra estrutura do organismo.
-
meninxite purulenta
[PAT]
Meninxite que evoluciona con líquido cefalorraquídeo purulento, cunha intensa pleocitose de predominio polinuclear. Os xermes máis frecuentes son os meningococos, os pneumococos e Hemophilus influenzae. A máis importante é a meninxite cerebroespiñal epidémica, producida polos meningococos.
-
meninxite tuberculosa
[PAT]
Meninxite que se produce polo bacilo de Koch.