menopausa

menopausa

(< meno- + gr παῦσις ‘cesación’)

  1. s f [FISIOL]

    Desaparición da ovulación na muller e, en consecuencia, da regra ou menstruación, que comporta unha atrofia das mucosas endométrica e vaxinal e do colo e o corpo do útero. Sucede entre os 40 e 50 anos. A diminución da actividade ovárica adoita acompañarse de trastornos moi diversos (sufocacións, cefaleas, trastornos de emotividade), que poden aparecer na época da última menstruación ou aínda no período previo (premenopausa) e outros que son desenvolvidos nos anos seguintes (postmenopausa). Estas modificacións orgánicas tamén poden presentarse a idades prematuras cando se extirpan os ovarios (menopausa artificial). A terapia de substitución hormonal pode aliviar os trastornos agudos, pero ultimamente tamén se recoñeceu a conveniencia de aplicala cando se comproba o remate da función ovárica, coa finalidade de previr determinadas alteracións orgánicas, como é o caso da diminución da densidade ósea (osteoporose). Modernamente utilízase a administración combinada de estróxenos e proxestáxenos por vía transdérmica, coa aplicación de parches cutáneos que liberan progresivamente as substancias hormonais.

  2. s f

    Época en que se produce o cesamento das ovulacións na muller.

Palabras veciñas

mennonita | meno- | menoloxio | menopausa | menopáusico -ca | menor | Menor Currás, Manuel