Menor Currás, Manuel
Profesor e escritor. Licenciado en Historia e doutor en Pedagoxía, exerceu o ensino en colexios de Ourense e en Institutos do Carballiño e Madrid, onde o fai na actualidade como Catedrático de Ciencias Sociales. Sempre relacionado con distintos proxectos de renovación pedagóxica, foi responsable dos primeiros pasos de "Educación para la Convivencia" , como se chamaba a actual “Educación para a Cidadanía” nas primeiras reformas experimentais que se fixeron antes de que se promulgara a LOGSE en 1990. Participou en varias revistas científicas e profesionais dende os anos setenta, escribe a miúdo sobre políticas educativas en “La Voz de Galicia” e en “Escuela”. En 1983, chamou a atención sobre “Os petos de ánimas na provincia de Ourense” e comenzou a traballar intensamente coas editoriais “Popular”, “La Piqueta” e “Endymion”, de Madrid, vencelladas as duas últimas á relevante “Librería Fuentetaja”. Tamén colaborou en RNE-RADIO2 coa etnomusicóloga Xaquina Labajo, no programa “PARAMUSICALIA” e noutros traballos. Entre as súas publicacións últimas salientan: La persistencia del hambre y del subdesarollo (1.996), La Camisa del hombre feliz (2.007) -que ven sendo unha aproximación histórica o que foron os comenzos da educación social das mulleres e dos traballadores en España-, e, en 2008, Genealogía de un sueño burgués: el ‘benéfico’ ahorro de los asalariados en España (1834-1919). Na actualidade está a coordinar un estudio colectivo sobre o acontecido no ensino dos Institutos nos anos oitenta: Crónica de la Reforma de las Enseñanzas Medias (1983-1987).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Taboadela de Allariz