Mens, fortaleza de

Mens, fortaleza de

Antiga fortaleza situada en Mens (Malpica de Bergantiños). Construída por Lope Sánchez de Ulloa y Moscoso no s XV para defender a comarca de Bergantiños, componse dunha vivenda e tres torres de planta cadrada. Realizouse con cachotaría e cantaría, reservada esta para as partes nobres da construción. O edificio principal presenta planta en forma de L, de dúas alturas, e remata cun torreón de tres. Ademais do balcón de madeira, apoiado sobre ménsulas de pedra nun dos recantos do piso superior, destaca a solaina e as dúas chemineas, que foron restauradas en 1988. En 1872 a casa de Altamira vendeu a propiedade, que foi declarada Ben de Interese Cultural en 1949.

Palabras veciñas

Menotti, Gian Carlo | Mens | mens sana in corpore sano* | Mens, fortaleza de | Mens, Santiago de | Mensa | Mensaje