Mensaje

Mensaje
[PUBLIC]

Boletín mensual publicado en Carballo a partir de 1974 co subtítulo de “Boletín interparroquial de Bergantiños”. Dirixido por Ramón Antelo Peña e, desde setembro de 1975, por José García Gondar, incluíu artigos doutrinais e información de actividades relixiosas das parroquias do arciprestado de Bergantiños. En abril de 1978 cambiou o seu título polo de Mensaje de Bergantiños.