Mercadante de Bretaña, Lorenzo
Mercadante de Bretaña, Lorenzo
Escultor. Seguiu as premisas da arte borgoñoa, cun estilo que desenvolveu en Sevilla entre 1454 e 1467. A súa obra é de transición ao Renacemento. Realizou a estatua xacente do cardeal Juan de Cervantes, na capela de San Hermenegildo da catedral de Sevilla, e a maior parte da decoración das portas da catedral.