Mercado Común do Caribe

Mercado Común do Caribe

Organización económica internacional creada polo tratado de Chaguaramas de 4 de xullo de 1973 que substituíu á antiga Asociación de Libre Cambio do Caribe (CARIFTA). A súa finalidade é a creación dun mercado común entre os estados insulares do Caribe que foron antigas colonias británicas. Está integrado por quince membros plenos e cinco membros asociados.