Mercantil, El

Mercantil, El

Publicación aparecida en Vigo a finais de 1975 co subtítulo de “Boletín Social del Círculo Mercantil de Vigo”. Inicialmente saíu dúas veces ao ano, para logo converterse en boletín trimestral. Recolle todas as actividades desenvolvidas polo Círculo Mercantil de Vigo para os seus socios nos ámbitos do ocio, a cultura e o deporte, incluíndo unha sección dedicada á biblioteca.