mercantilismo
(< mercantil )
-
s
m
Espírito excesivamente mercantil, sobre todo en cousas que se deberían realizar de maneira desinteresada.
-
s
m
[ECON]
Corrente de pensamento económico, dominante en Europa do s XV ao XVIII, caracterizada polo principio segundo o que a riqueza dun estado depende do seu comercio exterior e é directamente proporcional ao volume de reservas de materiais preciosos (especialmente o ouro), e tamén polo feito de fomentar as exportacións e reducir as importacións. Interpretouse o nacemento do mercantilismo como unha consecuencia da aparición ao final da Idade Media dun novo tipo de estado e de capitalismo comercial. Como consecuencia da súa estreita visión “nacionalista”, os mercantilistas non examinaron o comercio desde un punto de vista internacional e non comprenderon, polo tanto, os defectos do seu esquema: se un estado acadaba unha balanza de pagamentos positiva, facíao en detrimento da balanza doutro estado, feito que implicaba a posibilidade de guerras arancelarias e dunha mingua considerable dos intercambios comerciais internacionais. Por iso, a corrente mercantilista é considerada máis como unha expresión dos intereses dunha clase comerciante nacente que como un sistema de pensamento económico ben estruturado. Entre os seus principais portavoces cómpre mencionar os franceses Jean-Baptiste Colbert e Jean Bodin, o inglés Thomas Mun e os italianos Ferdinando Galiani e Antonio Serra. Na Península Ibérica destacaron as achegas de Martín de Azpilicueta e Tomás de Mercado.