mercenario -ria

mercenario -ria

(< lat mercenarĭu)

    1. adx

      Relativo ou pertencente aos mercenarios.

    2. adx e s

      Que ou quen traballa ou actúa movido por intereses económicos.

    3. s [HIST/BÉL]

      Soldado dunha tropa que serve a un goberno estranxeiro por unha certa paga. O uso de tropas mercenarias estaba moi difundido na Antigüidade entre os fenicios, os persas e, nun menor grao, entre os gregos. O primeiro estado que se serviu a grande escala dos mercenarios foi Cartago. Tamén Roma contratou mercenarios sobre todo a partir de Mario, quen puxo os alicerces dun exército profesional romano. Na Idade Media, sobre todo a partir da Guerra dos Cen Anos, a importancia dos mercenarios aumentou considerablemente e naceron as grandes compañías. No s XV, os lansquenetes alemáns e os mercenarios suízos adquiriron tanta reputación que serviron de base aos famosos terzos casteláns na Guerra de Holanda. A partir da Revolución Francesa e ao longo do s XIX, este tipo de exército foi substituído en Europa por exércitos nacionais.

  1. adx e s [RELIX]

    mercedario.

Palabras veciñas

Mercedes | Merceira | merceiro -ra | mercenario -ria | mercería | mercerización | mercerizadora