mercerización
mercerización
(< mercerizar)
s
f
[TÉXT]
Tratamento do algodón a base de solucións alcalinas, que consiste en impregnar o tecido ou o fiado de algodón, previamente gaseado e descruzado, cunha solución de sosa cáustica a 25-35°C. Foi descuberto en 1844 polo químico inglés John Mercer (1791-1866) e produce, principalmente, unha inflamación que fai desaparecer a característica forma chá da sección transversal da fibra, que se converte en circular. Tamén produce unha redución da longura da fibra, ao tempo que se obtén máis brillo, que lembra o da seda.