Mercia, Reino de
Mercia, Reino de
Reino inglés fundado por Penda de Mercia (632-654). Estendíase por Midlands e ao L, desde o Fens ata o Umber. Na loita contra os outros reinos da heptarquía anglosaxoa, impuxo a súa preponderancia a partir do s VIII. Chegou ao seu apoxeo co Rei Offa de Mercia (757-796). Despois da morte deste, caeu en beneficio de Wessex.