merda
merda
(< lat merda)
-
s
f
Excremento sólido humano ou animal.
Ex: Hai que recoller a merda do can da rúa.
Confrontacións: caca. -
s
f
Calquera tipo de lixo ou sucidade.
Ex: Hai que limpar o coche que está todo cheo de merda.
Sinónimos: merdada. -
s
f
Cousa sen importancia ou de escaso valor.
Ex: A película que fomos ver onte era unha merda.
Sinónimos: merdada. Confrontacións: caca. -
s
f
Estado de embriaguez.
Ex: Colleu unha merda que non se tiña de pé.
Sinónimos: borracheira, chea. -
interx
Expresión que indica contrariedade, desesperación ou enfado.
Frases feitas
-
Comelo a merda Non ter alguén os coñecementos e aptitudes suficientes para desenvolverse nunha actividade.
-
Non valer unha merda Ser considerado como algo moi malo ou que non ten ningún valor.
-
Mandar á merda Expresión que se emprega para desfacerse de alguén de maneira brusca e aceda.