mergers and acquisicions*

mergers and acquisicions*
Nome científico: [M & A]
[ECON]

Expresión inglesa que significa ‘fusións e adquisicións’, dedicada á actividade de asesoramento e execución de operacións de fusión ou absorción de empresas, que se realiza por sociedades profesionais, os merchant banks, e entidades financeiras que faciliten o financiamento. O proceso esixe unha información e unha avaliación empresarial completa, tomas de contacto no mercado, negociacións e execucións.