Mérida
Mérida
Estado de Venezuela (11.300 km2; 744.990 h [estim 2000]. A súa capital é Mérida. Ocupa unha gran parte de Sierra Nevada de Mérida, e polo NO esténdese unha planicie aluvial costeira onde se atopa o lago Maracaibo, no que desauga o río Torondoy. O clima é tropical húmido e posúe cultivos de cereais, café, cacao e froitos tropicais, ademais de xacementos de petróleo.