mérito
(< lat merĭtu)
-
s
m
Aquilo que fai digno de recompensa ou de estima a algo ou a alguén.
Ex: Ascendérono debido aos seus méritos.
Antónimos: demérito. -
s
m
Conxunto de calidades que fan digno de estima e consideración a algo ou a alguén.
Ex: Ten moito mérito o que fixo por vós. OBS: Tamen se emprega co mesmo significado na construción de mérito. Ex: A decisión que tomou realmente foi de mérito.
-
s
m
[RELIX]
Calidade das obras do home que son xustificadas pola graza e realizadas libremente. Este concepto está implícito no Novo Testamento, en que se afirma que o Deus xusto dá a vida eterna en virtude do merecemento das boas obras. A Reforma, máis atenta á gratuidade da graza, só lle recoñece mérito á obra redentora de Xesús Cristo.
-
méritos do proceso
[DER]
Conxunto de probas e razóns que lle serven ao xuíz para ditar a resolución dun conflito.
Frases feitas
-
Facer méritos. Facer algo para lograr estima ou aprecio.
Refráns
- En terra de cegos o torto é un rei.
- Non é porque asubías, senón porque asubiaches.