Mernissi, Fatema
Mernissi, Fatema
Escritora marroquí. Referencia de diversos organismos internacionais, converteuse nunha voz destacada e activa da intelectualidade do mundo árabe e unha autoridade mundial nos estudos coránicos. Publicou Al Hubb fi hadaratina al-Islamiya (O amor na nosa civilización islámica, 1983), Nissa’ al’ Gharb (Mulleres de Gharb, 1985), Islam and Democracy: Fear of the Modern World (1992), Les Ait-Débrouille (1997), Scheherazade Goes West (2001) e As sultanas esquecidas (2003). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (2003).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Fez