Mero
Mero
Río coruñés da vertente atlántica que discorre en dirección SL-NO. Ten unha lonxitude de 41 km e a súa conca unha extensión de 346 km2. Forma na súa desembocadura a ría do Burgo, situada ao S da ría da Coruña. Nace no monte Couto de Gregorio, na parroquia de Filgueira de Barranca (Cesuras) e baña parte dos concellos de Cesuras, Oza dos Ríos, Abegondo, Betanzos, Cambre, Oleiros e Culleredo. Pola súa marxe dereita recibe como afluentes o Govia, Barces e Valiñas e pola esquerda o Furcoro, A Gafa, Guillade e A Gándara.