Merodak
Merodak
Forma masorética do nome babilónico Marduc-apal-id-din, usado por primeira vez polo príncipe babilónico Merodak I (1187-1175 a C). Fíxoo seu tamén Merodak II (721-710 e 703 a C), que anexionou Babilonia. Atacado por Sargon II de Asiria, fuxiu a Elam, de onde retornou a comezos do reinado de Sennaquerib, a quen derrotou posteriormente.