mesianismo

mesianismo

(< mesías)

  1. s m [RELIX]

    Corrente histórica do pobo de Israel, que ten a súa orixe nas promesas dos profetas que anunciaban unha nova orde no mundo como froito da chegada do Mesías. Caracterizouse pola esperanza popular na instauración dunha nova orde.

  2. s m [RELIX]

    Esperanza que se deposita nunha persoa ou mesías do que se espera unha intervención para a mellora dunha situación.

  3. s m [PSIC]

    Perturbación mental dunha persoa que se cre un mesías.