Mesía, castelo de

Mesía, castelo de

Construción situada en Mesía. Construíuse durante o s XII e foi destruído en 1467 durante as Guerras Irmandiñas, cando era propiedade de Gómez Pérez das Mariñas. Abandonado, o arcebispo Alonso de Fonseca apropiouse del e mandouno reedificar. Aínda que os nobres galegos o tomaron durante algún tempo, volveu ser de propiedade eclesiástica. Conserva anacos das defensas exteriores. Foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994.