meso-
meso-
(< gr μἐσος ‘medio’)
-
pref
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘medio’, ‘intermedio’.
Ex: mesoamérica, mesocarpo.
-
pref
[QUÍM]
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras para indicar que unha substancia é opticamente inactiva, a causa da súa compensación intramolecular. Dise entón que esta substancia presenta a forma meso.
Ex: ácido mesotartárico.